Os pequenos escritores da vila serán premiados o martes na Festa das Palabras

30 Mai 2019

Os escritores máis pequenos da vila recibirán o vindeiro martes, 4 de xuño, os premios do VI concurso de microrrelatos e micropoemas da Festa das Palabras. A entrega de premios comezará ás 20:00 horas no Teatro Principal e os gañadores recibirán un exemplar do libro que conterá os textos gañadores e un caravel branco, segundo informou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

Os exemplares do libro conterán os textos dos 61, saídos das diferentes categorías e centros implicados gañadores desta edición, ademais de 14 ilustracións realizadas polos alumnos de primaria dos sete colexios, segundo apuntou o profesor do colexio de Lourdes, Víctor López.

 

Esta festa das palabras, organizada polos equipos de dinamización lingüística da lingua galega de todos os centros educativos da localidade, non é a única actividade desenvolta por este grupo. Dinamizaestrada tamén leva a cabo o proxecto Videoconectad@s; un programa de videoconferencias mediante o cal, o alumnado de secundaria prepara unha serie de temas de distinta índole e o expón aos alumnos de primaria, relacionando directamente ao galego coa modernidade e a tecnoloxía.

 

Durante a xornada terán lugar outras actividades, como unha exposición de debuxos realizadas polos nenos de primaria, que estará situada á entrada do Teatro Principal e a intervención musical de Decotío Gaiteiros, agrupación que amenizará a festa.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1