CAMIÑOS SONOROS - Via da Prata 2019

03 Xuño 2019

CAMIÑOS SONOROS é un proxecto que aúna música e patrimonio da man de mozos músicos dos conservatorios de Galicia. Trátase dun circuíto de concertos que terá lugar en espazos dos roteiros do Camiño de Santiago, escollendo na primeira edición a Vía da Prata.

 

Proxecto Caminos Sonoros2019Os destinatarios do proxecto son novos estudantes do último ciclo de Ensinos Profesionais (5º e 6º cursos) dos conservatorios de música situados ao longo da Vía da Prata, e os alumnos de Ensinos Superiores de Galicia que participan para engadir calidade interpretativa á programación.


Así mesmo, son destinatarios os peregrinos e o público xeral.


Contamos con 5 conservatorios profesionais na Vía da Prata:


- Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia
- Conservatorio Profesional de Música de Ourense
- Conservatorio Profesional de Música de Lalín
- Conservatorio Profesional de Música da Estrada
- Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela


E contamos con 2 conservatorios superiores:


- Conservatorio Superior de Música de Vigo
- Conservatorio Superior de Música da Coruña

 

Descargar información completa.

Descargar participantes.

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1