Doazón de sangue

12 Xullo 2019

Unha das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia acudirá á Praza do Concello da Estrada os vindeiros días, para que os veciños realicen as súas doazóns de sangue.

Venres 26 de xullo en horario de 10 a 14h.

Venres 26 de xullo, en horario de 16 a 21h.

Sábado 27 de xullo en horario de 10 a 15h.

Lémbrase tamén que os requisitos necesarios para acudir a doar son ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos, así como levar o DNI. Entre as recomendacións do Sergas cóntase a importancia de almorzar antes da extracción, así como de esperar dúas horas despois de xantar e de informar ao médico no caso de que se estea a tomar algún fármaco.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1