Curso universitario para maiores de 50 anos

19 Xullo 2019

A vicerreitoría de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela, a través do proxecto Camiños de coñecemento e experiencia, convoca na Estrada un novo curso de formación universitaria para maiores de 50 anos.

 

Este ano, o curso estará ligado ao mundo do cine, á economía circular e aos diversos estilos educativos das familias. As clases, que se desenvolverán no MOME, comezarán o 10 de setembro e  rematarán o 27 do mesmo mes. Estarán impartidas por profesorado universitario.

 

A inscrición poderá realizarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamando ao teléfono 986573601. As prazas, que están limitadas, adxudicaranse por orde de inscrición.

 

Descargar folleto

 

cartel camino conecemento

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1