Aprobación inicial do Proxecto de Ocupación das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación SUD-R06-AVDA. DE VIGO

26 Agosto 2019

Previos os trámites preceptivos, a Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 12.08.19 aprobou inicialmente o Proxecto de Ocupación das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación SUD-R06-AVENIDA DE VIGO, presentado en data 19.07.19 (asinado dixitalmente polo avogado e secretario da mesma, D. Juan Arnaiz Ramos e polo arquitecto, D. Germán Carballeira Martín, en igual data). Ten por obxecto o cálculo do valor do aproveitamento (deducidas as cargas de urbanización) que terá que recoñecerse aos propietarios que non solicitaron en prazo a incorporación á Xunta de Compensación.

 

Descargar pdf.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1