O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) no seu Plan de actividades 2019 recolle no seu eixe 5 “Promoción da prevención e redución da sinistralidade” un programa específico para Traballadores de atención directa a persoas con dependencia, que inclúe o desenvolvemento de accións formativas en materia preventiva.
Este organismo convoca 8 talleres en toda Galicia, sendo o Concello da Estrada un dos seleccionados para realizar un taller de prevención de riscos laborais para persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia, os días 14,15,17 e 18 de outubro en horario de 16:30 a 20:30.
O obxectivo deste taller é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.
A formación ten carácter presencial e gratuíta e está destinada a persoas maiores de idade interesadas na actividade de atención a persoas con dependencia, tendo prioridade na selección aquelas persoas con vinculación laboral e/ou formación na materia.
As solicitudes efectuaranse utilizando o anexo II da resolución que os convoca que se atopa dispoñible en formato editable na páxina web do Concello da Estrada (www.aestrada.gal) e na do ISSGA (http://issga.xunta.gal).
As solicitudes poden entregarse no rexistro do Concello da Estrada ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
* Xunto coa solicitude deberá achegarse:
- Copia do DNI/NIF/ Pasaporte
- De ser o caso, documentación acreditativa pertenza a colectivo prioritario (vida laboral, formación acreditada,...)