CERORIESGO E REALE SEGUROS, organizan o domingo día 13 de outubro de 2019 a partir das 11:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio, CAI A Estrada e Atletismo A Estrada o “IX Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a segunda e derradeira carreira puntuable para o VII Circuito “Corre A Estrada Corre” e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e cronometrada por EmeSports.