O Concello da Estrada, presenta a semana do Deporte 2019, na que se presentan unha serie de actividades de carácter gratuito, abertas para toda a poboación, e que coincide ca volta a actividade nos centros educativos para o curso 2019-2020.
As xornadas ofertan dúas actividades cada día, e serán dende o sábado día 14 ata o domingo día 22 de setembro. Hai actividades prácticas, charlas teóricas ou mesas redondas.
A forma de participar nas actividades será presencial, co que presentándose no lugar e no horario de inicio da mesma, xa se pode participar na actividade. Deste xeito, téntase dar a coñecer a realidade do deporte local e co inicio do curso escolar e do curso das escolas deportivas municipais, a poboación teña un xeito de probar diversas actividades e coñecer outros aspectos do deporte actual.
* Prema sobre a imaxe para ampliala.