Os seis pavillóns do recinto feiral da Estrada abrirán as súas portas entre o 18 e o 22 de setembro para albergar unha nova edición da Feira do Moble de Galicia. Unha edición que conta coa presenza de máis de 60 expositores con todas as tendenzas en mobiliario e decoración.
A apertura do recinto terá lugar entre as 11.00 h e as 20.00 h da tarde e constará tamén de varias exposicións complementarias de bonsai, vehículos de ocasión, reciclaxe ou de ilustracións sobre o Camiño de Santiago. Tamén se sorteará entre os visitantes o mobiliario para un apartamento, tres estancias en casas de turismo rural, ceas e vales de compra.
Paralelamente, o venres 20 ás 19.00 h celebrarase o acto de entrega do premio xornalístico Reimóndez Portela. A entrada ao recinto feiral será de balde.
* Prema sobre a imaxe para ampliala.