O sábado 19 ás 20.30 h NOITE DE ZARZUELA polo CORO LICEO DE VILAGARCÍA no Teatro Principal e ás 21.00 h CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS na Igrexa de Berres e o domingo 20 ás 20.00 h OS OLLOS DE MISS MARGARETT de REBULIR.
Día 19 ás 20.30 h -NOITE DE ZARZUELA, CORO LICEO DE VILAGARCÍA
Noite de zarzuela
Coro Liceo de Vilagarcía
DÍA: Sábado 19 de outubro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Zarzuela
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00€
SINOPSE: Noite de zarzuela inclúe unha selección dos fragmentos máis coñecidos deste xénero musical, acompañada dunha vistosa posta en escena. Os actores estarán acompañados pola banda de cámara Arousa. A agrupación coral está liderada polo tenor José Luis Prado, as sopranos Tamara Casas e Loli Crespo e o barítono Julio Cores con arranxos e dirección de Santiago Fontes.A presentación corre a cargo de Gonzalo Valcárcel e Diego Rubianes.
Día 19 ás 21.00 h -CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS (Igrexa de Berres)
CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS
Corais polifónicas de Chantada, Taboada e Berres
DÍA: Sábado 19 de outubro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Igrexa de Berres
XÉNERO: Música coral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde
SINOPSE:Un outono máis a Coral Polifónica de Berres organiza o seu tradicional certame de corais acompañada pola Coral Polifónica de Taboada (Lugo) e a Coral Polifónica de Chantada.
Día 20 ás 20.00 h -OS OLLOS DE MISS MARGARETT, REBULIR
Os ollos de Miss Margaret
Rebulir
DÍA: Domingo 20 de outubro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical tradicional
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00€
SINOPSE: O colectivo Rebulir e a compañía ARunRun, en colaboración co grupo de teatro do concello de Vilamarín traen ao Principal o espectáculo Os Ollos de Miss Margaret. A montaxe mestura o baile e a música tradicional con recursos escénicos e teatrais, implicando a preto de 70 persoas sobre o escenario.