Este Concello pretende elaborar e aprobar a Ordenanza municipal de Venda Ambulante no Concello da Estrada, de conformidade coa Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia.
Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango regulamentario, e en cumprimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP), con carácter previo á elaboración do proxecto ou borrador da Ordenanza, sométese a consulta pública previa para recabar a opinión dos cidadáns e organizacións máis representativas que potencialmente poidan verse afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles soluciones alternativas regulatorias ou non regulatorias.
En consecuencia, sométese a consulta pública previa á elaboración do proxecto ou borrador da Ordenanza municipal Reguladora de Venda Ambulante no Concello da Estrada.
Descargar información completa.