O venres 25 ás 21.00 h "Taller de corazones", musical de Naím Thomas (O.T.) e o sábado 26 ás 22.00 h Arizona Baby en concerto.
Día 25 ás 21.00 h -TALLER DE CORAZONES, MUSICAL DE NAÍM THOMAS (O.T.)
TALLER DE CORAZONES
Espiral Mágica
DÍA: Venres 25 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: +12
LINGUA: Castelán
SINOPSE: Interpretado por Anabel García e Naim Thomas (O.T), o musical Taller de corazones, estreado no Teatro Luchana de Madrid o mes pasado, narra unha historia na que se tratan temas como o paso do tempo, o amor e as relacións. Para iso trasládanos a un mundo fantástico onde existen os talleres nos que se reparan os corazóns danados. Un musical íntimo e emotivo no que dous actores, un piano e un violonchelo tentarán arrebatarche a alma.
Día 26 ás 22.00 h -ARIZONA BABY EN CONCERTO
ARIZONA BABY EN CONCERTO
DÍA: Sábado 26 de outubro
HORA: 22.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Folk-rock
DURACIÓN: 95 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 8,00 (Departamento de Cultura do Concello e www.wegou.com)
SINOPSE: Despois dunha década de traxectoria onde os seus concertos se contan por cheos e polo recoñecemento da crítica especializada, Arizona Baby presenta en directo as cancións de exitosos albums como Second to none, Secret fires ou Sonora. Cancións que os sitúan como máximo exponente do indie-rock acústico xirando por países como México, Alemaña, USA ou Reino Unido. Para abrir boca, o dúo estradense EL Búho (Héctor Martínez e Rubén Abel) tocará en acústico varios temas do seu primeiro traballo discográfico.