Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020

11 Novembro 2019

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se vai xestionar dende a Fundación Cultural A Estrada, é un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante as seguintes accións:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.

c) Formación específica para o emprego.

d) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

e) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

f) Fomento da capacidade emprendedora.

g) Prospección empresarial.

h) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.

j) Mobilidade laboral.

k) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

 

Nesta ocasión impartirase formación acreditada con certificado de profesionalidade en docencia da formación profesional para o emprego e as persoas participantes recibirán unha axuda de 5€ por asistencia ás accións do programa.

 

Para facilitar a participación no programa, poñeranse a disposición das persoas usuarias medidas de conciliación para o coidado de maiores e persoas dependentes e menores.

 

O número de participantes do programa integrado é de 100 persoas desempregadas inscritas como demandante de emprego no Servizo Galego de Colocación.

 

O programa integrado de emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020 contempla un obxectivo de inserción dun 35%, que corresponde a 35 insercións laborais que se levará a cabo durante doce meses, dende o 21 de outubro de 2019 ata o 20 de outubro de 2020.

 

A Fundación Cultural A Estrada xestionou nos últimos catro anos Programas Integrados de Emprego con datos moi satisfactorios de inserción, cabe destacar que no derradeiro, que rematou o 31 de outubro, se acadou un índice de inserción de 65 persoas con alomenos 3 meses de alta na Seguridade Social e o 89% dos participantes tiveron algunha oportunidade laboral.

 

As persoas interesadas en obter máis información sobre este programa, poden solicitala a través do teléfono 986 57 09 97 ou directamente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito na Avda. Benito Vigo, nº 94, baixo.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1