A partir do 2 de decembro e ata o 12 de decembro (ambos incluídos), se abrirá o prazo para presentar as solicitudes de incrición do "CAMPAMENTO URBANO DE NADAL 2019".
As datas de celebración do Campamento serán do 23 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020 (ambos incluídos); e terá un custo de 23,10€ (para familias empadroadas no Concello de A Estrada) e 38,50€ (para familias non empadroadas no Concello de A Estrada).
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
- Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
- Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa
- Orde de entrada das solicitudes
* Prema sobre a imaxe para ampliala.