O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, ten a honra de convidar a todos os estradenses a III Gala do Deporte Concello da Estrada, que se celebrará no Teatro Principal o martes día 17 de decembro a partir das 20:30 horas, e que será un punto de reunión de todos os afeccionados o deporte na Estrada.
Na tarde de onte luns, reuniase o xurado para valorar as propostas que formaban aparte de cada unha das categorías, e escoller os galardoados desta III Gala do Deporte Concello da Estrada.
Na categoría de Premio a traxectoria, o xurado escolleu un so galardoado que se coñecerá o mesmo día da Gala.
Para asistir a este evento é preciso retirar, a partir do martes 10 de decembro, a correspondente invitación no departamento de deportes do Concello, no 4º andar. So se poden retirar como máximo tres invitacións por persoa, ata esgotar o aforo do Teatro Principal.
A III Gala do Deporte Concello da Estrada, na que se farán públicos os galardoados, estará conducida por Terio Carrera, que será o encargado de presentar as categorías e os nominados en cada unha delas, coma noutras edicións.
Durante o acto haberá unha actuación sorpresa, e terá unha duración aproximada de 75 mimutos.
Animamos a todos os estradenses a acudir a este evento, que tentará ser unha festa do deporte local.