Día 26 ás 12.30 h -A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA ISO NA CABEZA, A XANELA DO MAXÍN
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
A Xanela do Maxín
DÍA: Xoves 26 de decembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Actores e monicreques
DURACIÓN: 45 min
CATALOGACIÓN: Infantil +2 anos
ENTRADA: 3,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Cando a toupiña saía do seu tobo, algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio. A Xanela do Maxín pon en escena o clásico de Werner Holzwarth, un dos best sellers da literatura infantil de todos os tempos.
Día 27 ás 12.30 h -ANIMAIS DE COMPAÑÍA, TEATRO DO NOROESTE
ANIMAIS DE COMPAÑÍA
Teatro do Noroeste
DÍA: Venres 27 de decembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro musical
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Infantil +5 anos
ENTRADA: 3,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova, son as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e liortas, ensinarlles ás nenas e nenos a importancia do respecto ás diferenzas, diferenzas de raza, cor, relixión, xénero...
Día 28 ás 12.30 h -A GALIÑA AZUL, TANXARINA TÍTERES
A GALIÑA AZUL, Tanxarina
Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio Feten ao Mellor Espectáculo de Títeres
DÍA: Venres 27 de decembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro de monicreques e actores
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Infantil +2 anos
ENTRADA: 3,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Tanxarina pon en escena o clásico de Carlos Casares, unha proposta que funciona como unha convincente arma contra a inxustiza e como unha defensa da diversidade. A Galiña azul é por dereito propio un dos mellores espectáculos infantís do último ano en Galicia.
Día 28 ás 20.30 h -GALA NADAL DO TELECLUB DA COMEDIA
GALA DE NADAL DO TELECLUB DA COMEDIA
DÍA: Sábado 28 de decembro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: De todo un pouco
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00 (venda anticipada no Concello e Calzados A Esquina)
SINOPSE: A gala máis tola do nadal estradense xa está aquí. Chelo do Rejo, As Lerchas, O Mago Toño, Manolo do Atlético, O Padre Xiao, Mentallini, O Padre Merino, Nono, Paula Quintas e Pablo Chicas acompañados polos músicos Rubén Servide, Héctor Martínez e Manuel Brey; prometen despedir o ano a mandíbula desencaixada. Anímate e ven celebrar o nadal co Teleclub da Comedia. Haberá sorteo de produtos "atípicos" do nadal.