LAMBETADAS
Talía Teatro
DÍA: Sábado 11 de xaneiro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro infantil
DURACIÓN: 45 min
CATALOGACIÓN: A partir de 5 anos
ENTRADA: 3,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa.