O Concello e Sogama convocan charlas sobre compostaxe doméstica

27 Febreiro 2020

A partir do luns 9 de marzo, o MOME acollerá unhas charlas formativas en materia de compostaxe impartidas por técnicos de SOGAMA. As charlas, de carácter gratuíto, prolongaranse os días 11,12 e 13 de marzo, contando cun máximo de 50 persoas por día. Todos os interesados deberán reservar praza no teléfono de Alcaldía 986570030.

 

Estas charlas enmárcanse dentro da iniciativa de compostaxe doméstica emprendida polo Concello, en colaboración con Sogama, coa que pretende acadar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais minorizando os desprazamentos da poboación rural aos contedores de recollida selectiva. As vivendas acollidas a esta iniciativa de compostaxe doméstica deben ser unifamiliares e dispoñer de terreo (horto, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o abono resultante.

 

Todos os participantes na charla serán obsequiados ao remate da charla cun manual didáctico de apoio que lles servirá para aclarar as posibles dúbidas.

 

compostaxe2020

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1