Escola Infantil Municipal
OLA FAMILIAS:
Con motivo da situación que está creando a expansión do COVID-19 (Coronavirus), o Concello da Estrada anuncia o cese da actividade na Escola Infantil Municipal, dende O LUNS DÍA 16 DE MARZO ATA NOVO AVISO, (inicialmente a previsión é de 14 días).
Calquera cambio que se produza na situación actual, será comunicado tanto a través das canles de comunicación habituais do centro, como a través dos distintos medios de comunicación.
Este peche ven dado despois das indicacións recibidas da Xunta de Galicia.
Un saúdo