Desde o Concello da Estrada e en relación á posta en marcha de todas as medidas para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables INFÓRMASE:
1.- Durante o mes seguinte á entrada en vigor do Real Decreto de medidas urxentes para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 os subministradores de enerxía eléctrica, gas natural e auga non poderán suspender a subministración a aqueles consumidores nos que concorra a condición de consumidor vulnerable, vulnerable severo ou en risco de exclusión social.
2.- Prorrógase de forma automática ata o 15 de setembro de 2020 a vixencia do bono social para aqueles beneficiarios do mesmo aos que lles venza con anterioridade a dita data.
3.- Unha vez volta a normalidade retomarase a tramitación desde o Concello da Estrada das axudas para evitar os cortes de subministración eléctrica da Xunta de Galicia coui importe ascende a 300 €/ano ou 450 €/ano no caso das familias numerosas.
O Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas interesadas o teléfono 986 677 740 para resolver calquera dúbida.