Recomendacións para o desconfinamento polo COVID

24 Abril 2020

COMUNICADO

 

De xeito complementario ás directrices marcadas polo Goberno para o desconfinamento parcialdos menores de 14 anos, o Concello da Estrada anuncia unha serie de recomendacións que teñen por obxecto velar pola seguridade dos viandantes desconxestionando as zonas de paseo.

O Goberno Central estipula que, dende este domingo día 26, os menores de 14 anos poderán saírdas súas casas para pasear, atendendo aos seguintes criterios:

  • Os menores só poderán dar un paseo ao día e, como máximo, dunha hora de duración,entre as 9 e as 21 horas, evitando alonxarse máis de 1 km do seu domicilio.
  • Deberán estar acompañados en todo momento dun adulto co que convivan, o cal poderá acompañar ata un máximo de tres nenos á vez.
  • Deben respectarse as medidas de distanciamento social con outros nenos e adultos,segundo establecen as autoridades sanitarias.
  • Estaralles permitido correr, saltar e facer exercicio; sempre e cando respecten as medidasde distanciamento social.
  • Poden saír do domicilio cos seus propios xoguetes, pero non poderán facer uso de parques nin de xogos infantís comúns.
  • Na contorna rural poderase saír a pasear ao campo, respectando igualmente as medidasde distanciamento social

Pola súa banda, o Concello da Estrada promove as seguintes recomendacións:

  • As zonas de xogo dos parques infantís estarán precintadas ata que se indique o contrario. Así se fará na Alameda municipal, no parque da Avenida de Santiago e no da Praza do Mercado.
  • A Proposta mínima entre viandantes será de 2 m. Ao igual que fan os vehículos, os peóns deben utilizar unha beirarrúa para un sentido da marcha e a beirarrúa contraria para o sentido da marcha en dirección oposta.
  • Débense establecer zonas de paseo seguro, tratando de evitar o contacto con outros peóns durante eses paseos diarios.
  • Preferiblemente, seleccionando zonas de paseo conamplas beirarrúas á menor distancia posible do domicilio, evitando, na medida do posible,rúas céntricas que poidan provocar unha maior concentración de peóns.
  • Deste xeito e seguindo as anteriores premisas, recomendamos catro zonas para o paseocon menores de 14 anos:

normas2

mapa1

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1