Recomendacións fases desescalada COVID

01 Mai 2020

Coa previsión orientativa para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma, en función das fases de transición que afectan ao ámbito deportivo federado e non federado, a desescalada na Fase 0 para a actividade deportiva entrará en vigor ás 0.00 horas do sábado día 2 de maio, estruturándose do seguinte xeito e coas seguintes franxas horarias:

 

  • Fase 0 (Instalacións deportivas municipais do Concello da Estrada pechadas)
  • Deporte federado: Adestramentos individuais de profesionais e federados. Adestramentos básicos de ligas profesionais. Actividade deportiva sen contacto.
  • Deporte non federado: Actividade deportiva sen contacto (montar en bici, correr, patinar, etc.) sempre que se faga de forma individual e coa protección axeitada (distancia de seguridade etc…).

 

DEPORTE: Está permitida calquera práctica deportiva de carácter individual, sen contacto con terceiros, unha única vez ao día e dentro do concello de referencia. Non se precisa distancia para o itinerario.

PASEOS: Para pasear, poderase saír unha única vez ao día, acompañado dunha soa persoa coa que convivamos, e percorrendo unha distancia máxima dun quilómetro dentro do mesmo concello.

 

  • As franxas horarias son as seguintes:
  • Paseos e deporte de adultos: de 6.00h a 10.00 h e de 20.00 h a 23.00 h
  • Paseos de persoas maiores de 70 anos e de persoas dependentes (que necesiten ir acompañadas por un coidador): de 10.00 h a 12.00 h e de 19.00 h a 20.00 h
  • Paseos de nenos menores de 14 anos nas condicións que xa existían (unha hora, unha vez ao día, a unha distancia máxima do domicilio dun quilómetro, acompañados por un adulto que se fará cargo dan máximo de tres menores): De 12.00 a 19.00 horas

 

  • Fase 1 (Instalacións deportivas municipais Concello da Estrada pechadas)
  • Deporte Federado: Apertura de centros de alto rendemento con medidas de hixiene e protección reforzadas e, se é posible, en quendas. Adestramento medio en ligas profesionais.
  • Deporte non federado. Instalacións deportivas ao aire libre sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto: atletismo, tenis). Actividades deportivas individuais con previa cita en centros deportivos que non impliquen contacto físico nin uso de vestiarios.

 

  • Fase 2 (As instalacións deportivas municipais do Concello da Estrada poderían abrir dependendo da evolución da situación)
  • Deporte federado Adestramento básico en ligas non profesionais federadas. Adestramento total en ligas profesionais. Reapertura de campionatos profesionais mediante partidos a porta pechada ou con asistencia reducida de público, que poden ser retransmitidos.
  • Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con acceso limitado de público, en termos similares ás actividades culturais e de lecer desta Fase. Instalacións deportivas en espazos pechados sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto ou o risco de contaxio sexa baixo)

 

  • Fase 3.
  • Deporte federado: Adestramento medio en ligas non profesionais e federadas
  • Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con asistencia de público menos limitada. Espectáculos e actividades deportivas en espazos pechados. Público limitado a 1 persoa por cada 20 m2. Partidos cun máximo de 1/3 aforo, garantindo sempre a separación de seguridade entre os espectadores e actividades deportivas ao aire libre ou cun máximo de 1/3 da capacidade en ximnasios, sen uso de vestiarios.

 

O Concello da Estrada, para o desconfinamento progresivo de menores de 14 anos mantén as medidas anunciadas e as carro zonas de paseo propostas, e aconsella tamén a utilización das mesmas catro zonas reservadas aos paseos dos cidadáns, co obxecto de evitar aglomeracións.

 

 

Descargar información completa.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1