As axudas de apoio á escolarización dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.
A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus servizos, a tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.
O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2020/2021 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:
- Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/as matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil
- Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.
- Bases
- Anexo I_ solicitude
- Anexo II_ declaración responsable
- Anexo III_ declaración de outras axudas
- anexo IV1_ certificado ANPA
- Anexo IV.2_certificado CEIP
- Anexo V_renuncia