En referencia o programa deportivo das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2020-2021

14 Outubro 2020

A Concellería de Deportes do Concello da Estrada, en referencia ó programa deportivo das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2020-2021,

 

INFORMA:

 

Con motivo da situación actual que estamos vivindo con motivo do COVID19, o Concello da Estrada, mediante a Concellería de Deportes, mantén anulados os seus programas deportivos para o curso 2020-2021 ata novo aviso, entre eles as Escolas Deportivas Municipais. Deste xeito a vontade do Concello para empezar estas actividades no mes de novembro vese aprazada, e non haberá Escolas Deportivas Municipais neste primeiro trimestre do curso 2020-2021. Este departamento valorará a opción de iniciar as Escolas Deportivas Municipais no mes de xaneiro de 2021, dependendo da evolución da situación.

 

Para non ofertar as Escolas Deportivas a día de hoxe, este departamento tivo en conta as seguintes consideracións:

 

- Dende principios do mes de outubro, moitos clubs do noso concello, xa están realizando actividade organizada por eles mesmos, cumprindo con protocolos e normativas vixentes, e a partir do mes de novembro a maioria dos clubs locais xa estarán en funcionamento, polo que a oferta deportiva municipal non varía.

 

- Este departamento dentro das limitacións existentes, tanto de número de participantes coma de espazo para a realización da actividades, realizou unha programación ca distribución das instalacións e dos horarios para os clubs locais. Dentro do posible, tentouse que cada club tivera a súa disposición unha instalación, e no caso de ter que compartila que nun mesmo día nunca houbera duas actividades diferentes na mesma instalación, para regular deste xeito tamén os tránsitos e aforos.

 

- De ofertar agora as Escolas Deportivas Municipais, habería unha saturación das instalacións deportivas municipais, non podendo atender toda a demanda dos horarios dos clubs deportivos nin das Escolas deportivas Municipais.

 

- A situación sanitaria condiciona enormemente a realización de actividades deportivas, tanto individuais coma grupais e as restriccións existentes limitan a oferta dalgunhas disciplinas que formaban parte do programa das Escolas Deportivas Municipais.

 

A Estrada, 13 de outubro de 2020.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1