Xunta de Galicia convoca o programa I microempresas de mantemento do emprego e actividades económicas das microempresas de Galicia máis afectadas pola Covid-19 (TR400B)

26 Novembro 2020

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.

Programa I microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente paralizados. Este programa ten carácter plurianual e está financiado con 37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas e propios , dentro dos cales 2.000.000 € están reservados a aquelas pemes pertencentes a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

Obxectivo e finalidade

Este programa ten por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

Beneficiarias
1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes sempre desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados. As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:
– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.
– Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.
– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:
a) En todo caso o lecer nocturno.
b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200 c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:
CNAE 4932: transporte por taxi.
CNAE 5010: transporte marítimo de pasaxeiros.
CNAE 5030: transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
CNAE 5621: provisión de comidas preparadas para eventos.
CNAE 5914: actividades de exhibición cinematográfica.
CNAE 7911: actividades das axencias de viaxes.
CNAE 7912: actividades dos operadores turísticos.
CNAE 7990: outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles.
CNAE 8230: organización de convencións e feiras de mostras.
CNAE 9001: artes escénicas.
CNAE 9002: actividades auxiliares ás artes escénicas.
CNAE 9004: xestión de salas de espectáculos.
CNAE 9321: actividades dos parques de atraccións e dos parques temáticos.
CNAE 9329: outras actividades recreativas e de entretemento.

Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web http://www.oficinadoautonomo.gal/

Importes das axudas
A axuda será de 4.000 €, que se aboará en dous pagamentos de 2.000 € na anualidade 2020 e de 2.000 € na anualidade 2021, xa que a situación pola que se concede a axuda estende as súas consecuencias tanto en 2020 como en 2021.

A axuda será de 5.000 € para as persoas ou entidades beneficiarias definidas no artigo 18 que pertenzan aos sectores especialmente paralizados antes definidos. Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500 € cada un deles, o primeiro pagamento realizarase xunto coa concesión da axuda na anualidade 2020 e o segundo farase na anualidade 2021, xa que a situación pola que se concede a axuda estende as súas consecuencias
tanto en 2020 como en 2021.

prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_gl.pdf

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1