PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXIA SOSTIBLE (PACES)

27 Novembro 2020

O Pacto dos Alcaldes​ para o Clima e a Enerxía é o principal movemento europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario para loitar contra o cambio climático.

 

O concello da Estrada adhírese ao Pacto Local dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía en outubro de 2019 asumindo os obxectivos en materia de mitigación de emisións de CO2 e adaptación ao cambio climático definidos no novo marco de actuación en materia de clima e enerxía que a UE traslada, a través deste proxecto, ás autoridades locais dos estados que a integran.

 

O Pleno da corporación aprobou o día 23 de novembro de 2020 o “Plan de Acción para o Cima e a Enerxía Sostible” (PACES).

 

Enlace á web: PLAN DE ACCIÓN - A ESTRADA (PACES)

 

plan clima2020

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1