X MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE

02 Decembro 2020

O Concello da Estrada, organizará coma todos os anos a X Milla San Silvestre Estradense. Debido á situación actual, este ano o formato será dunha carreira virtual, mantendo o carácter lúdico, non competitivo e solidario de todas as edicións anteriores.

 

INFORMACIÓN XERAL
A participación nesta proba está aberta a todos e todas as participantes que así o desexen, xa que a formalización da inscrición é similar ao dunha carreira convencional, pero coa descarga do teu dorsal na plataforma app de inscrición.

 

A X San Silvestre Estradense celébrase durante un período de tempo, no cal os participantes deberán completar a proba. Unha vez finalizado o percorrido pode compartir a distancia realizada, así como unha foto, disfrazado ou non, co dorsal, nas redes sociais de AEstradaDeporte (Instagram e Facebook). Cada participante quedará rexistrado na app ca distancia percorrida.

 

PRAZO PARA REALIZAR A CARREIRA E PERCORRIDO

O prazo para completar a distancia da milla (1.609 m) será dende as 00:00 horas do domingo día 27 de Decembro ata as 23:59 horas do mércores día 30 de decembro de 2020. Pasado o dito prazo non se poderán compartir resultados, aínda que a carreira se levase a cabo dentro do prazo establecido. 

 

No momento de realizar a carreira, cada participante, deberá de completar a distancia na localización que desexe, escollendo o seu propio percorrido e cumprindo sempre coas limitacións de mobilidade e distancia de seguridade vixentes no momento da realización da proba.

 

INSCRICIÓNS

O prazo para poder inscribirse e participar, abrirase ás 00:00 horas do venres día 4 de decembro de 2020. A inscrición terá un custo de 2€, e débese realizar na web www.emesports.es. O prazo de inscrición rematará o sábado día 26 de decembro ás 14 horas. Cada corredor deberá descargar a aplicación RTS Virtual no seu smartphone, no momento da inscrición e recibirá no seu correo electrónico un código co que accederá aos servizos da aplicación, así como a un dorsal personalizado.  A recadación das inscricións destinarase á entidade Cáritas Parroquial A Estrada.

 

SORTEOS DE AGASALLOS

A organización da X San Silvestre Estradense realizará sete sorteos de agasallos (dúas cestas de Nadal, dúas cestas de froita e tres vales de compra) por número de dorsal, entre aqueles participantes que compartan as fotografías nas redes sociais de AEstradaDeporte (Instagram e Facebook), e os participantes rexistrados na app ca distancia percorrida.

 

PROCEDEMENTO COA APLICACIÓN NO SMARTPHONE

Antes do día 27 de decembro de 2020 pódese probar o funcionamento da APP tantas veces como desexe o/a participante. Non contarán para a carreira. Esta só se poderá realizar unha vez entre o día 27 de decembro de 2020 ás 00:00 horas e o 30 de decembro de 2020 ás 23:59 horas. A esa hora, a túa carreira deberá estar finalizada. No momento que o participante acade a distancia da milla (1.609m) publicaranse os datos na web do evento.

 

Cada participante participará baixo a súa enteira responsabilidade, aceptando todos os puntos deste regulamento polo feito de inscribirse, e eximindo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores ou outras institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois da proba deportiva.

 

Os participantes renunciarán a adoptar accións legais en contra de calquera das devanditas entidades, autorizando a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e nome , nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución algunha por este concepto, con carácter atemporal.

 

A organización resérvase o dereito de modificar ou suspender a proba, previo aviso, dependendo de causas de forza maior, motivadas ou non pola Covid19.

 

cartel san silvestre 2020

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1