RESUMO DA MOCIÓN CONXUNTA DE TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS REDACTADA CON MOTIVO DO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" aprobada no Pleno do 4 de marzo de 2021.
A crise ocasionada pola COVID-19 lle afecta de xeito diferente a mulleres e a homes, analizado por distintos organismos, internacionais, nacionais e tamén autonómicos, sinalase que a tripla dimensión desta crise, sanitaria, social e económica, ten unha repercusión diferente entre homes e mulleres e que a resposta á crise debe incorporar o enfoque de xénero para que non se incrementen as desigualdades xa existentes.
As estatísticas seguen a revelar unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, no acceso a sectores e ámbitos aínda fortemente masculinizados, así como tamén na presenza nas esferas de decisión. Hoxe fixamos a mirada especialmente sobre aquelas que sofren unha maior precariedade, as mulleres que por posición social e vital necesitan das políticas públicas, dos recursos do estado e das institucións.
Por todo isto, os grupos integrantes do Pleno do Concello de A Estrada acordaron unha serie de medidas que instan ás institucións e ao goberno central, autonómico e local para aplicar políticas específicas e seguir traballando para eliminar os estereotipos e roles que sustentan a desigualdade de xénero.