Concello da Estrada convoca programa de axudas municipais á creación de empresas 2021

24 Marzo 2021

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

 

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias:

1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

 

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (do 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL DE 2021)

 

ACCEDE ÁS BASES: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/24/2021012593

 

Para tramitar a axuda a través da SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA ESTRADA: Entra a través de Google Chrome, AQUÍ: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 

 

Preme en INSTANCIA XERAL unha vez a teñas cuberta, sube como documentos adxuntos os anexos que se relacionan cubertos e asinados.

 

Se tes calquera dúbida na tramitación da axudas chámanos ao teléfono 986 677 740

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1