Póñense á venda as entradas para o espectáculo de Pablo Carbonell do día 2

O Teatro Principal da Estrada será escenario o venres 2 de febreiro do espectáculo Phabladas e algunha cantada do actor e cantante Pablo Carbonell. Será ás 21.00 horas.

 

Pablo Carbonell

 

As entradas xa están á venda desde hoxe, luns. Os interesados poden compralas no departamento de Cultura, situado na segunda planta da Casa Consistorial, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas; na cafetería Boliche, situada na Avenida de Benito Vigo, 74 da Estrada, en horario comercial, ou a través da páxina web www.woutick.es En venda anticipada teñen un custo de 10 euros e en billeteira de 13.

 

 

Con este show cómico Carbonell contará algúns dos momentos máis graciosos que lle sucederon ao longo da súa vida. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1