Servizos Sociais abre o luns o prazo de prescrición para o Espazo Concilia A Estrada

O luns, día 19, o departamento de Servizos Sociais do Concello abre o prazo de prescrición para un novo servizo de conciliación familiar, o Espazo Concilia A Estrada, tal e como apunta a concelleira se Benestar Social, Igualdade e Educación Amalia Goldar, que está destinado á rapaces de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, cumpridos. A idea é poñer este servizo en marcha a mediados do mes de marzo nas instalacións do edificio do Novo Mercado.

 

“Esta prescrición levámola a cabo para poder facer unha valoración das persoas interesadas e unha vez que estea aprobado o regulamento e a ordenanza, na que se estipularán os prezos e as condicións, avisaráselles aos demandantes informándolles do custe do servizo e despois haberá un período para formalizar a matrícula”, sinala a concelleira.

 

Xa durante todo o ano se están levando a cabo iniciativas para conciliar a vida laboral e familiar. No verán e en Nadal ofértanse actividades polas mañás e durante o curso escolar polas tardes.

 

Os interesados deberán cubrir o formulario que se poderá descargar na páxina web do Concello ou recollelo directamente no departamento de Servizos Sociais, sito na planta baixa do Consistorio, no que se deberá entregar unha vez cuberto en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1