O VI Circuíto Corre A Estrada Corre acolle tres probas entre xuño e decembro

Son a VII Nocturna Estradense, o VIII Memorial Manuel Bergueiro e o VII Cross Río Liñares.

 

circuito carreiras 2018O VI Circuíto Corre A Estrada Corre terá este ano tres probas entre os meses de xuño e decembro, tal e como apuntaron, esta mañá en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Ismael Pena e o técnico de Deportes, David Carballo. Serán a VII Nocturna Estradense, o VIII Memorial Manuel Bergueiro e o VII Cross Río Liñares. O circuíto formará parte, por primeira vez, do calendario de carreiras da Federación Gallega de Atletismo e decidiuse reducir as probas a tres, como nos seu inicios, quedando fóra a proba do Salmón.

 

 A primeira competición será a VII Nocturna Estradense que terá lugar o venres 22 de xuño contando cun percorrido de 8.000 metros. Unha distancia máis ampla, uns 10.000 metros, terá o VIII Memorial Manuel Bergueiro que se disputará o domingo 7 de outubro. E por último, o domingo 2 de decembro será o VII Cross Río Liñares, de 5.000 metros. Haberá premios para as catro categorías existentes: xeral masculina, xeral feminina, familiar e por equipos, destacando como novidade a ampliación de galardóns nas dúas primeiras categorías mencionadas.

 

As inscricións deberán facer a través da páxina web www.emesports.es Os interesados poderán obter máis información no teléfono 986 570 030, nas páxinas www.aestrada.gal e www.carreirasgalegas.com e a través do perfil A Estrada Deporte de Facebook.

 

Descargar regulamento.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1