O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello organiza de novo un obradoiro de redución de estrés

Será impartido por Susana Mosquera e haberá prazas limitadas polo que é necesario inscribirse previamente.

 

Un ano máis, o Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade da Estrada organiza un obradoiro de varias xornadas sobre a redución de estrés usando a técnica do Mindfulness. Será impartido de novo pola psicóloga Susana Mosquera Martín no Museo do Moble e da Madeira (MOME). Será necesario inscribirse xa que hai prazas limitadas e o prezo é de 25 euros.

 

 O obradoiro estará dividido en catro sesións. Serán os xoves 8, 15 e 22 de marzo e o 5 de abril en horario de tarde de 19.30 a 21.30 horas. O custe total será de 25 euros e haberá límite de prazas. Os interesados deberán inscribirse previamente no Servizo de Prevención de Drogodependencias, sito na terceira planta da Casa Consistorial da Estrada. Tamén o poden facer a través do teléfono 986 677 702 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A práctica do Mindfulness é un adestramento sistemático da atención que permite ás persoas desenvolver recursos internos de autoobservación e autorregulación que brindan a posibilidade de desactivar a reacción automática do estrés crónico, a través de observar claramente as reaccións corporais e emocionais que xorden fronte a un estresor.

 

As persoas aprenden a deterse, facer unha pausa e responder de xeito máis adaptativo, desactivando a cadea reactiva que se xera no estrés crónico. Isto implica adestrar a mente para estar plenamente atendo no momento presente, xustamente o contrario ao que sucede na reacción crónica do estrés.

 

O adestramento en Mindfulness permite:

  1. Aumentar a capacidade de manexar situacións estresantes.
  2. Maior claridade na toma de decisións.
  3. Maior creatividade na resolución de conflitos.
  4. Manter o equilibrio e o foco mental sostido en ambientes desafiantes.
  5. Reducir intencionalmente as reaccións de estrés, facendo eleccións conscientes en resposta aos desafíos laborais.
  6. Crear e soster hábitos de traballo saudables.
  7. Acceder a un maior nivel de calma e estabilidade.

 

 

Susana Mosquera Martín

 

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca. Profesora de ioga. Máster en Xestión e comunicación da RSE.

 

A súa traxectoria complétase con formación en diferentes disciplinas como coaching, counselling, redución de estrés Mindfulness. Na súa experiencia docente impartiu formación dentro da área de marketing, habilidades directivas, negociación, intelixencia emocional e comunicación, entre outras.  

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1