O Concello da Estrada inviste 7.500 euros en melloras no pavillón Manuel Coto Ferreiro

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e participación Cidadá, acaba de facer unha inversión de 7.500 euros e de executar unha serie de melloras no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, co obxectivo de completar a oferta deportiva para os deportistas estradenses e mellorar a seguridade da instalación, dotándoa de máis medios e recursos.

 

obra pavillon coto ferreiroNo ximnasio municipal, revisáronse todas as máquinas xa existentes, arranxando aquelas que estaban avariadas, e completouse o equipamento ca adquisición de tres máquinas a maiores (unha cinta, unha bicicleta elíptica e unha máquina de musculación para traballar femoral). Deste xeito, o ximnasio queda completamente equipado con máquinas cardiovasculares (dúas bicicletas estáticas, dúas bicicletas elípticas e dúas cintas), máquinas de musculación (tanto para tren superior coma para tren inferior) e pesos libres, colchonetas, cordas, entre outros.

 

 Esta instalación municipal está dispoñible para todos os clubs e asociacións deportivas municipais, os deportistas individuais empadroados no concello estradense con licenza federativa en vigor e para colectivos como a Policía Local e a agrupación de Protección Civil. Os interesados en desfrutar destes servizos deberán cubrir a folla de acceso cos datos do usuario para poder acceder a instalación, cos horarios de entrada e saída. Ademais, a actualización do equipamento levou consigo a revisión da normativa de uso da instalación.

 

As melloras do pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro e do pavillón multiusos, complétanse ca posta en funcionamento dun sistema de vixilancia que reforza a seguridade composto por seis cámaras que controlan a actividade no ximnasio, nas tres pistas de xogo e nas entradas á instalación. Ditas cámaras gravan por movemento e tamén na escuridade.

 

Estes equipamentos permitirán ofrecer un mellor servizo en beneficio dos deportistas estradenses.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1