Alumnado do cuarto curso de primaria do CEIP de Figueiroa asisten ao consistorio a un pleno liderado polo alcalde

A Casa Consistorial recibiu esta mañá a visita de 44 alumnos do cuarto curso de primaria do CEIP de Figueiroa, que acompañados por tres mestras, visitaron as instalacións do Concello. Os cativos foron recibidos no Salón de Plenos polo alcalde, José López, e despois celebraron un pleno tras realizar diferentes suxestións para mellorar o municipio e tras facer un breve recorrido pola historia da Estrada.

 

pleno escolar1Os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dun pleno e as funcións dun alcalde. Por quendas, os nenos, todos ilusionados, ocuparon os asentos dos concelleiros. O alcalde primeiramente explicoulles o funcionamento dun pleno e fixo un breve recorrido pola historia da Estrada, falando da súa orixe e constitución como Concello e tamén mencionou o número de parroquias que o conforman. Seguidamente, o rexedor lanzoulles unha pregunta: Que servizos ofrece o Concello? Os rapaces, respectando en todo o momento as súas quendas, deixaron ver que son moi conscientes da maneira en como funciona  a Administración local. Falaron do servizo de limpeza, da Policía Local, de Protección Civil....

pleno escolar2O alcalde e os pequenos concelleiros tamén abordaron outros temas como o novo centro de saúde, a ampliación da Alameda e a súa futura zona adicada aos xogos, o temas dos incendiarios, dos vertedoiros incontrolados onde o alcalde lles explicou a existencia do punto limpo e houbo quen preguntou tamén pola posta en marcha, de novo, do reloxo do Consistorio. Incluso López lles tivo que contar da súa traxectoria estudantil e profesional e dos seus desexos para o futuro.

 

Tras este primeiro apartado de preguntas, que na maioría dos casos o alumnado xa traía pensadas, pasaron a celebrar o pleno. Na orde do día, que se lle entregou a cada cativo ó principio, figuraban os seguintes asuntos: suxestións para a zona de xogos da Alameda, de obras infantís para traer ao Teatro Principal, de libros destinados ao fondo da biblioteca do seu colexio, así como posibles melloras e material para o seu pavillón escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1