O tolleito de Inishmaan

O tolleito de Inishmaan represéntase o venres no Principal.

 

O tolleito de Inishmaan da compañía de teatro Contraproducións é unha traxicomedia de Martin McDonagh que chega o venres, día 16, ao Teatro Principal da Estrada baixo a adaptación e dirección de Cándido Pazó. Unha peza que foi galardoada con cinco Premios María Casares no ano 2017 e que pasa por ser un dos espectáculos máis aclamados por público e crítica ao longo do pasado ano en Galicia.

 

É unha obra de gran formato interpretada por oito actores de renome e que conta cunha potente escenografía na que se mistura o humor coa tenrura. O espectáculo está ambientado nunha pequena illa irlandesa, que podería ser calquera aldea galega, e a historia transcorre nos anos 30.

 

Está protagonizada por Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Loja, Luís Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans. Estes actores dan vida a personaxes curiosas, características... Tal e como se describe na páxina web da compañía de teatro, son seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosas, que nun mundo físico e humanamente illado, viven as súas vidas como poden e como saben.

 

Entre estas persoas aparece un tolleito, un ser desfavorecido que ten un afán que para el parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar. É un tolleito que persegue un soño que semella imposible de acadar: o de ser amado e valorado como calqueroutra persoa.

 

As entradas, cun prezo de cinco euros, poden adquirirse no departamento de Cultura do Concello, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou ese mesmo día, a partir das 20.15 h, no despacho de billetes do teatro.

 

O espectáculo dará comezo ás 21.00 horas.

 

cartel o tolleito de hinishmaan

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1