Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega.

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEL CELGA 1, 2, 3 E 4

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,Mpola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (procedemento ED114A).

Persoas destinatarias:
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,
nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas:

Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada nos puntos sexto e sétimo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0164-070318-0001_gl.pdf

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1