Aviso sobre os anexos para a solicitude de praza na Galiña Azul

As persoas que recolleron en Servizos Sociais os anexos para solicitar praza na Galiña Azul deberán coller de novo os formularios xa que os que se entregaron son erróneos.

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada prégalle ás persoas que durante estes dous días recolleron os anexos para solicitar praza na escola infantil A Galiña Azul neste departamento que pase a recoller uns formularios novos, xa que os que se entregaron ata ese momento son erróneos. Así no formulario correcto no Anexo I na parte superior no apartado de procedemento debe figurar Novo ingreso en Escola Infantil 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o código de procedemento é BS404A.

Pódese obter máis información, e tamén descargar os formularios para realizar as solicitudes, no Diario Oficial de Galicia (DOGA), do pasado venres, día 9 de marzo.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1