II Edición do curso de acompañante de Transporte e Comedor Escolar

O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio organiza a II EDICIÓN DO CURSO DE ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR.
A formación dirixida á persoas en situación de desemprego e empadroadas na Estrada forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello da Estrada para o ano 2018 e a súa realización supedítase a que foi unha das accións formativas máis demandadas polas persoas que achegaron suxerencias de formación ao abeiro da convocatoria que o departamento de emprego fixo público nas pasadas semanas.

A formación é un dos piares básicos das políticas activas de emprego impulsadas desde a nosa administración. conscientes da impronta necesidade dunha maior cualificación profesional que require o actual mercado de traballo.
Como novidade esta formación inclúe ademáis da capacitación para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, a obtención do certificado de manipulador de alimentos.
A empresa adxudicataria da formación será a consultora Sinerxia, a cal aportou a oferta máis vantaxosa.
A formación terá un carácter presencial e unha duración total de 16 horas, a desenvolver en catro sesión previsiblemenenta na primeira quincena do mes de abril.
O concello da Estrada subvencinará o curso , sendo o prezo por alumno de 67€ dos cales o concello asumirá máis do 50%, quedando o custe total por persoa en 30 €.
A adxudicación das prazas realizarase por rigurosa orde de inscrición tendo prioridade as persoas que xa se anotaran na edición anterior e que quedaron na listaxe de reserva.

As persoas interesadas en inscribirse deben enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. facendo constar os seus datos persoais, documento nacional de identidade e un teléfono de contacto.
* Nota importante: Só se terán en conta as solicitudes que se acheguen a este enderezo electrónico.
Para recibir máis información poden poñerse en contacto co departamento de emprego da Fundación Cultural no teléfono 986 570 997.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1