O Viveiro da Estrada gaña dúas novas empresas en dous meses

Quedan só tres espazos libres.

 

viveiro empresas novas1O Viveiro de Empresas da Estrada, sito no primeiro andar do Novo Mercado, contará desde hoxe con unha nova empresa, sumando unha máis no que levamos de ano, e quedando desta forma tan só tres espazos libres. A comisión executiva e de seguimento do viveiro, constituída polo concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán, por Alba Aller e Raquel López, en representación da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e por Alfonso Uzal, en representación da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada (ACE) e da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), reuniuse esta mañá para valorar a petición dunha nova empresa para incorporarse ao viveiro. Tras a avaliación decidiron aprobar por unanimidade a súa adhesión. Trátase da empresa En 2 detalles, que está en proceso de creación.

 

viveiro empresas novas2Será un proxecto de alugue de material decorativo para eventos. Este negocio está enfocado tanto para traballar con particulares como con outros profesionais, ofertándolles os servizos de asesoramento, organización e montaxe para crear o ambiente desexado con materiais destinados a eventos como vodas, festas temáticas, feiras, congresos, inauguracións, recepcións, entre outros.

 

Durante o encontro, Durán e os presentes mencionaron a boa valoración que están tendo as instalacións do viveiro estradense, destacando en comparación co resto de viveiros da contorna, ademais da importancia da súa boa situación. A isto súmaselle que ten unha zona de aparcamento ao carón facilitando a actividade das empresas asentadas aquí.

 

A comisión valorou novas iniciativas, como a posibilidade de organizar charlas ou dotar de novo material ás instalacións, para seguir fomentando o viveiro e para apoiar o emprendemento entre a cidadanía poñendo a súa disposición unhas infraestruturas con moitas vantaxes e a un prezo moi accesible. As empresas pagan 50 euros mensuais, cantidade que inclúe a luz, a calefacción, teléfono, internet e servizo de reprografía.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1