Os usuarios da aplicación móbil do Concello da Estrada teñen agora a opción de aportar contido para publicar

O Concello da Estrada ofrece, desde 2015, toda a información cultural, social e deportiva de maneira actualizada e moi sinxela. Todo a través dunha aplicación para móbil que calquera cidadán pode descargar de maneira gratuíta. É unha canle que, igual que a conta de Whatsapp e de Telegram, está tendo unha gran acollida. Por esta razón, o departamento de Cultura, liderado por Juan Constenla, traballa por mellorar este servizo. Perseguindo este obxectivo acaban de realizarse algunhas modificacións.

 

A novidade máis relevante é que o usuario poderá contribuír á “encher” a axenda da app. Así na portada (na páxina de inicio) substituíuse  a pestana Teatro pola opción Engadir evento. Neste apartado o usuario terá dúas opcións: Festas e Outros eventos. E en ambos aparecerá un formulario para que completen: o nome do evento ou da festa, o lugar, o día e hora, o contido do evento ou o programa e incluso, poderán subir unha foto do cartel do que se quere anunciar. Neste caso, será o administrador da aplicación, o persoal do propio departamento de Cultura, tras recibir un aviso, quen deba confirmar dita publicación para supervisala e subila  á app, se así o consideran. Sempre pretendendo que sexa un contido que se adapte á finalidade deste servizo.

 

Outro dos cambios é que na pestana Compartir, que aparece ao despregar os eventos, agora poderase compartir o enlace a través de varias plataformas e redes sociais, xa que ata o de agora só se podía facer con Whatsapp.

 

Tamén se solucionaron erros que xurdían no apartado Cine. En iOS a carteleira, os horarios e os tráilers non aparecían correctamente, pois agora poderase ver perfectamente a través deste sistema ao igual que en Android. Ademais, nesta pestana, poderase compartir os enlaces a través de diversas plataformas, cando antes non había esta opción.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1