Programación do Teatro Principal

O showman barcelonés Joan Strader, baixo o seudónimo de Juan Cállate, trae ao Principal Mr. Kebab, un espectáculo de humor e maxia absurda o venres 13 de abril ás 21.00 horas. O grupo, formado por catro músicos galegos, Dextrum Ensemble actuará o día 14 de abril ás 20.30 horas. Música de acordeóns, bachata, flamenco, rancheiras... festival organizado polo grupo de acordeóns Os Lóstregos o día 15 de abril ás 17.30 horas.

 

 

mr kebabMR KEBAB
Juan Cállate

DÍA: Venres 13
HORA: 21.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Espectáculo de clown
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: +14
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 5,00 € (Aforo limitado. Entrada anticipada Departamento de Cultura)

Despois dunha longa e exitosa traxectoria ao fronte da compañía Pez en Raya xunto a Cristina Medina, o showman barcelonés Joan Strader, baixo o seudónimo de Juan Cállate, trae ao Principal Mr. Kebab, un espectáculo de humor e maxia absurda, un monólogo irreverente e marabillosamente disparatado no que este xenio do humor absurdo conquista ao espectador a gargallada limpa.

 

 

 

 

 

Dextrum EnsembleDEXTRUM ENSEMBLE
                   
DÍA: 14 de abril
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de música de cámara
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (retirada de convites no departamento de Cultura)

O grupo, formado por catro músicos galegos, nace coa inquedanza de facer boa música de cámara a través do saxofón, buscando un xeito de comunicar a música clásica que sexa sinxelo e atractivo para todos os públicos. Os compoñentes son Blanca Represas, saxofón soprano; Miriam Arneiros, saxofón alto; Javier Comesaña, saxofón tenor e Alberto Rocha, saxofón barítono.

 

 

 

 

 

LostregosFESTIVAL MÚXICA
Os Lóstregos + Marietta + Guillermo Castro + Tony Delgado
    
DÍA: 15
HORA: 17.30 h
XÉNERO: Variedades
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00 €

Música de acordeóns, bachata, flamenco, rancheiras... a diversidade é a nota característica deste festival organizado polo grupo de acordeóns Os Lóstregos, dirixido por Gonzalo González.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1