A Concellería de Emprego xa traballa na organización da III edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar

Este mediodía clausurouse a segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado desde a Concellería de Promoción Económica, Comercio e  Emprego.

 

curso transporte2018

 

É un dos cursos máis demandados. Sempre se cobren as 20 prazas ofertadas quedando un número importante de persoas fóra. A concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, Amalia Goldar, foi a encargada de entregar os diplomas.

 

 

Desde o Servizo de Emprego Municipal do Concello da Estrada comunican que xa traballan na organización dunha nova edición, dada a alta demanda que existe sempre neste curso, no que o Concello da Estrada abona máis da metade do custe por alumno. O alumnado, a través deste curso, tamén recibiu o certificado de manipulador de alimentos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1