Programación do Teatro Principal - "Departamento de selección"

O sábado 28 de abril ás 20.30 horas Disfunción Continua presentará "Departamento de selección", está dirixida por Jouse García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal.

 

Disfuncion ContinuaDEPARTAMENTO DE SELECCIÓN
Disfunción Continua


             
DÍA: sábado 28
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia dramática
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: +16
LINGUA: Galego
ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada no Departamento de Cultura)

 

A compañía estradense Disfunción Continua presenta a súa nova montaxe, unha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas convertirán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Está dirixida por Jouse García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1