O Concello da Estrada xa instalou as estruturas de suxeición de colectores nas que inverteu 64.400 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación

O Concello da Estrada xa procedeu á colocación dos 150 soportes de suxeición de colectores que están incluídos no proxecto deste goberno por mellorar o sistema de recollida de lixo, tanto no casco urbano coma no rural.

 

colectorescolectores2Estas estruturas é unha aposta por solucionar o mal estado no que se atopaban os colectores, sobre todo do rural, que ao estar soltos sufrían maior deterioro debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Para esta iniciativa o Concello estradense destinou 64.400 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

 

Con este mesmo obxectivo, o de mellorar o servizo de recollida de lixo, o Concello acaba de recibir dous novos camións de lixo por 438.961 euros, procedentes do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial. É un camión de carga lateral e outro de carga traseira que se poñerán a funcionar en breves.

 

A maiores A Estrada adquiriu 155 colectores con pedal de 2.200 litros de capacidade e de 400 de 800 litros. Os primeiros colocáronse no casco urbano, substituíndo 330 anteriores por 130 novos, quedando os demais de reserva. Tiveron un custe de 128.000 euros. Para o rural destináronse os outros 400 que tiveron un custe de 45.450 euros.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1