Programación Cultural

O venres 4 de maio ás 21.00 horas a comedia "Bicos con lingua" de Talía Teatro, o sábado 5 ás 12.30 horas "O lobo e a lúa" de Baobab Teatro e o Concerto de Primavera a cargo da Banda Municipal da Estrada ás 20.30 horas.

 

 

 

Bicos con linguaBICOS CON LINGUA
Talía Teatro
           

DÍA: Venres 4
HORA: 21.00h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: + 12
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)

 

Despois de máis de 300 actuacións por toda Galicia e 15 anos en cartel, este espectáculo de Talía é, sen ningún xénero de dúbidas, un dos máis exitosos da historia do teatro galego. Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás convídase ao espectador a realizar unha fonda reflexión sobre os usos e abusos que sofre a lingua galega.

 

 

 

 

 

 

O lobo e a luaO LOBO E A LÚA
Baobab Teatro
 
DÍA: Sábado 5
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro de monicreques
DURACIÓN: 45 min
CATALOGACIÓN: + 3
LINGUA: Galego
ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada Cultura)


 
Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa. Era moi importante o que lle tiña que dicir, e como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, e cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. O lobo e a lúa, gañador do Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques, cóntanos unha historia tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes conviven malia as súas diferenzas.

 

 

 

 

 

 

 

Concerto primavera Banda MunicipalCONCERTO DE PRIMAVERA
Banda Municipal da Estrada
             
DÍA: 5 de  maio
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de música clásica
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: Entrada de balde previa retirada de invitación no Departamento de Cultura

 

A Banda Municipal ofrece o seu tradicional concerto de primavera, un concerto no que a agrupación estradense presentará as obras que configurarán o repertorio que tocarán ao longo do verán. Será un concerto dinámico no que confluirá unha grande diversidade de estilos musicais.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1