A comisión de festas da Estrada sortea unha estadía durante o mes de xullo nun piso de Sanxenxo

Comezará o luns co petitorio para cinco días de festexos.

 

comision festas2018A algo máis dun mes para a celebración das festas patronais da Estrada, a comisión encargada da súa organización xa traballa arreo e ten a programación cerrada. O venres deuse a coñecer aos seus integrantes e tamén adiantouse algúns detalles. Así, encabezada por Gonzalo Louzao, que repite o cargo de presidente, está formada polo edil de Eventos e Mercados, Nemesio Rey, e por Isidro Pernas e José Luís Terceiro. Serán do 23 ao 27 de xuño e haberá música e actividades para todos os gustos e idades.

 

Os festexos, que terán un custe duns 150.000 ou160.000 euros, arrancarán o día 23 coa celebración de San Xoan no parking da Avenida de América no que se farán os lumeiros e a sardiñada e haberá un concerto. As verbenas estarán amenizadas por orquestras para todos os gustos “e imos recuperar os concertos e haberá tres de diferentes estilos e punteiros, todos gratuítos”, adianta Gonzalo Louzao. Tamén, como novidade, están programadas actividades infantís “que funcionan noutros concellos e que aquí nunca se fixeron”. Ademais, tocará unha banda de música de renome, as mellores orquestras en verbena e os concertos serán o sábado, o domingo e o luns e todos os días haberá agrupacións estradenses.

 

Para poder recadar para o seu financiamento a comisión está elaborando o tradicional libro de publicidade e a partir do luns, dúas voluntarias comenzarán co petitorio polas casas e durante as tardes. “Tamén se instalará na Praza da Farola a caseta para quen o desexe poidan facer alí as súas achegas, pero xa anunciaremos cando se poña”, indica Louzao. Estas achegas poderán realizarse os mércores e os sábados e previsiblemente estará dispoñible en dúas semanas.

 

A gran novidade deste ano é que a comisión sorteará un alugueiro dun mes, do mes de xullo deste mesmo ano, nun piso en Sanxenxo (Pontevedra). O sorteo farase o día 24 de xuño no palco da orquestra Combo Dominicano. As rifas terán un prezo dun euro, pero por cada euro que os particulares e negocios acheguen para a festa, incluídos as persoas que aporten tamén para o libro de publicidade, recibirán a mesma cifra de rifas como agasallo. Estas poderanse mercar directamente aos membros da comisión e en diversos locais, tanto do casco urbano, como das parroquias. A comisión fixo un total de 200 mil rifas e non será necesario estar presente no sorteo. “Sacarase un número mediante un sistema de bombo e publicarase nos medios de comunicación”, explica o presidente da comisión.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1