Servizos Sociais abre o 16 o prazo para anotarse nas viaxes do Imserso

O departamento de Servizos Sociais, liderado por Amalia Goldar,  comunica que entre os días 16 de maio ata o 14 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para inscribirse nas viaxes do Imserso.

 

Os interesados deberán acudir a Servizos Sociais, sito na planta baixa do Consistorio, e cubrir un formulario. Ademais, deberán achegar unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do solicitante e tamén do acompañante, fotocopia do libro de familia (no caso de matrimonios que soliciten praza ambos os cónxuxes). No caso de parellas de feito que presenten unha única solicitude, deberán presentar certificado de convivencia ou de estar incluídos no rexistro municipal de parellas de feito.

 

Tamén a cualificación de minusvalía, en caso de fillo/filla discapacitado. Se solicitan subvención deberán acompañar certificación da derradeira declaración da renda, certificado de pensións do INSS e se fose o caso, xustificante bancario de pensións do estranxeiro, informe do Oral sobre os bens rústicos e urbanos, e no caso de participantes menores de 65 anos informe da Vida Laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

 

Tamén poderán obter máis información no teléfono 986 573 265. 

 

Ficha de inscrición:

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1