O Concello da Estrada solicita permisos para a realización de catas que permitan continuar co proxecto do paso subterráneo

O Concello da Estrada intermedia entre os donos particulares dos terreos e o Ministerio de Fomento na solicitude de permisos para a realización de catas arqueolóxicas que permitan determinar se as condicións do terreo son aptas para a construcción dun paso subterráneo para a variante da estrada N-640 ao seu paso pola Estrada.

 

O alcalde do municipio, José López, asegura que os permisos xa se están a tramitar, e que se enviarán coa maior brevidade en canto estean reunidas, coa esperanza de que o proceso “comece este mes”, sinala.

 

Fomento enviou, a través da Demarcación de Estradas do Estado, a solicitude de permisos coa finalidade de xestionar o acceso a tres fincas pertencentes a particulares da parroquia de Aguións para realizar unhas catas arqueolóxicas nas bocas do túnel; un túnel que se construiría para salvar as leis de protección do castro de Preguecido.

 

A empresa que actualmente se encarga de realizar o estudo xeotécnico solicita evaluar as condicións do terreo xusto nas bocas do túnel. O sondeo terá unhas dimensións de 5 metros de largo, 2 metros de ancho e 1,5 metros de profundidade.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1