Último día de prazo para inscricións ao Campamento no mar 2018

Mañá, 20 de xullo, acaba o prazo de inscrición para o Campamento Xuvenil “Virxe do Loreto” de Porto do Son, que conta aínda con sete prazas dispoñibles.

 

O campamento desenvolverase do 13 ao 20 de agosto, cunha capacidade de 80 participantes e vai dirixido a rapaces e rapazas entre os oito e os dezaseis anos. Para apuntarse cómpre cumplimentar a solicitude de inscrición que se acha na páxina web do concello e presentala no rexistro de entrada do mesmo acompañada da fotocopia do DNI, tanto do pai, nai o titor, coma do neno que vai acudir ao campamento, así como a cartilla de familia numerosa en vigor, de ser o caso.

 

Unha vez comunicada a concesión de praza e publicada na páxina Web e no taboleiro de anuncios do concello, deberán presentar, no prazo de 10 días, a fotocopia da tarxeta sanitaria do menor participante, un cuestionario médico-sanitario (modelo) e certificado médico, no caso de que o menor precise de medicación ou atencións especiais, unha fotografía tamaño carné e o xustificante de pago da cota de inscrición.

 

O prezo da actividade é de 64 euros, cun prezo reducido de 48 euros para segundos fillos e membros de familias numerosas.

 

Páxina web onde descargar o formulario de solicitude:

http://www.aestrada.gal/index.php/gl/servizos-sociais/campamentos-no-mar-2018

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1